Actualizacións

Outrora

Novas iconas de estandartes dos exércitos do mapa.
Novas iconas de cidades e vilas do mapa.
-Panel diplomacia: 85%
-Menú construción: 60%
Engadido botón de lendas de iconas (Maius./Shift) na cidade.

Actualizacións

Outrora

-Idioma Inglés: 10%
-Panel opcións: 90%
-Panel diplomacia: 75%
(Novo) Panel recursos: 10%
Novo deseño da Interface (hud)
Novos deseños dos escudos dos reinos.
-Engadida música de fondo na cidade principal.
-Modificado punteiro do rato.

Novidades

Outrora

-Barra de revolta: agora cada cidade ou vila ten unha barra de estado da revolta. Cando chega o 100% comeza a revolta nesa cidade. Isto dáche algúns irmandiños e fai que as defensas do inimigo diminúan. A barra medra coas malas accións dos tiranos e tamén coas túas boas accións.

-Efectos visuais/clima: primeiras probas de choiva e neve.

-Arranxo de bug en Allariz que non deixaba entrar á cidade.

-Estou traballando no deseño dun estaleiro para construción de barcos e tamén nun porto.

Modificacións

Outrora

-Engadidas mensaxes de vitoria/derrota.


-Modificados custos de recrutamento, agora en lugar de ouro, recrutar tropas custa recursos, os cales son diferentes para cada tipo de tropa.


-Engadidos 2 logros máis.

Asturhost

Este artículo no es un anuncio, ni un patrocinado ni nada de eso. Es solamente una manera de agradecer un trabajo bien hecho a un gran profesional que me ha ayudado mucho, a lo largo de muchos años.

Hace unos de diez años que contraté un dominio y alojamiento con Asturhost. Desde entonces habré tenido 3 o 4 webs con el. Debo decir que fuera de esto, no nos conocemos de nada.

Pero debo decir que el trato y la profesionalidad que siempre he recibido por parte de Manu ha sido siempre impecable, inmejorable.

Cuando tengo un problema, su respuesta más común es: solucionado Iván, si necesitas algo más dímelo. Y siempre he podido contar con él cuando necesitaba un favor.

Digo esto porque también he sido autónomo, y reconozco lo difícil que es llevar una empresa, y sobre todo de hosting, porque los diferentes tipos de problemas de cada cliente, necesitan una solución diferente. Pero Asturhost nunca falla. El trato es personal, no te hablan como robots. Y sobre todo, tengo seguridad y tranquilidad, de mi hosting no me tengo que preocupar de nada.

Por eso, hago este paréntesis en mi blog para darle las gracias a Manu por su ayuda, por todos los problemas que me ha solucionado, y por los que le quedan 😉

Si necesitas un dominio o hosting, ya lo sabes, Asturhost.

Verkami rematado

Dou por rematado o crowfunding, sen conseguir o obxectivo.

Verkami non vos cobrará nada.

Grazas de verdade a tod@s os mecenas, non agardaba un resultado tan bo.

Para calquera dúbida deixa un comentario, non será público, responderei o máis axiña que poda.

Novas implantacións

Outrora

-Rematado o panel tecnoloxías. 9 en total. As tecnoloxías mércanse con puntos de revolta (PR). É moi posíbel que engada maior número de tecnoloxías máis adiante.

-Cántigas Celtas: as tropas fan un 5% máis de dano. 25PR
-Escuadras Romanas: as tropas obteñen un 5% máis de defensa. 50PR
-Guerra Moderna: as armas de lume fan un 5% máis de dano. 100PR
-Produción I: o serradoiro produce un 50% máis de madeira. 25PR
-Produción II: a canteira produce un 50% máis de pedra. 50PR
-Produción III: a canteira produce un 50% máis de ferro. 100PR
-Edificios I: desbloquea o taller de armas. 25PR
-Edificios II: desbloquea o taller de armaduras. 50PR
-Edificios III: desbloquea o taller de armas de lume. 100PR

-Rematado o panel Cárcere. Os prisioneiros que atopes agardarán aquí ata que lles axustices. Hai 12 tipos de xustizas dispoñíbeis, e cada unha suma un número de PR diferente. Non contarei moito máis, prefiro que o descubrades no xogo.


-Novos edificios en desenvolvemento: Concello, Hospital, Escola, Cadras.


-Traballando xa na versión en Inglés.

Verkami

Para financiar Outrora fixen un crowfunding en Verkami, unha plataforma de lanzamento totalmente segura e de confianza.

Unha vez acadado o obxectivo, e tralos trámites legais, recibirei os fondos e tódolos mecenas recibiredes por email un código para descargar o xogo nesta mesma web.

É moi posíbel que faga contas de usuarios onde só os mecenas teñan aceso a seccións exclusivas da web.

Senón se acada o obxectivo, verkami non vos cobrará nada nin eu non recibirei nada, repito que Verkami é de total confianza. Chegado ese intre informarei dos cambios no lanzamento do proxecto.

OBXETIVO: 2.000€ que repartiránse da seguinte maneira:

 6% Verkami
21% Impostos
43% Custos de deseño gráfico e dereitos de imaxes.
20% Custos de programación, audio e dereitos de software.
10% Custos do servidor e páxina web. (descarga do xogo)

Tecnoloxías

-Sego traballando no panel tecnoloxías e na cárcere, o mesmo tempo, xa que van relacionadas polos puntos de revolta.

-Fixen algunhas pequenas modificacións no blogue este finde.