Novidades

Outrora

-Barra de revolta: agora cada cidade ou vila ten unha barra de estado da revolta. Cando chega o 100% comeza a revolta nesa cidade. Isto dáche algúns irmandiños e fai que as defensas do inimigo diminúan. A barra medra coas malas accións dos tiranos e tamén coas túas boas accións.

-Efectos visuais/clima: primeiras probas de choiva e neve.

-Arranxo de bug en Allariz que non deixaba entrar á cidade.

-Estou traballando no deseño dun estaleiro para construción de barcos e tamén nun porto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *