Novas implantacións

Outrora

-Rematado o panel tecnoloxías. 9 en total. As tecnoloxías mércanse con puntos de revolta (PR). É moi posíbel que engada maior número de tecnoloxías máis adiante.

-Cántigas Celtas: as tropas fan un 5% máis de dano. 25PR
-Escuadras Romanas: as tropas obteñen un 5% máis de defensa. 50PR
-Guerra Moderna: as armas de lume fan un 5% máis de dano. 100PR
-Produción I: o serradoiro produce un 50% máis de madeira. 25PR
-Produción II: a canteira produce un 50% máis de pedra. 50PR
-Produción III: a canteira produce un 50% máis de ferro. 100PR
-Edificios I: desbloquea o taller de armas. 25PR
-Edificios II: desbloquea o taller de armaduras. 50PR
-Edificios III: desbloquea o taller de armas de lume. 100PR

-Rematado o panel Cárcere. Os prisioneiros que atopes agardarán aquí ata que lles axustices. Hai 12 tipos de xustizas dispoñíbeis, e cada unha suma un número de PR diferente. Non contarei moito máis, prefiro que o descubrades no xogo.


-Novos edificios en desenvolvemento: Concello, Hospital, Escola, Cadras.


-Traballando xa na versión en Inglés.

Verkami

Para financiar Outrora fixen un crowfunding en Verkami, unha plataforma de lanzamento totalmente segura e de confianza.

Unha vez acadado o obxectivo, e tralos trámites legais, recibirei os fondos e tódolos mecenas recibiredes por email un código para descargar o xogo nesta mesma web.

É moi posíbel que faga contas de usuarios onde só os mecenas teñan aceso a seccións exclusivas da web.

Senón se acada o obxectivo, verkami non vos cobrará nada nin eu non recibirei nada, repito que Verkami é de total confianza. Chegado ese intre informarei dos cambios no lanzamento do proxecto.

OBXETIVO: 2.000€ que repartiránse da seguinte maneira:

 6% Verkami
21% Impostos
43% Custos de deseño gráfico e dereitos de imaxes.
20% Custos de programación, audio e dereitos de software.
10% Custos do servidor e páxina web. (descarga do xogo)

Tecnoloxías

-Sego traballando no panel tecnoloxías e na cárcere, o mesmo tempo, xa que van relacionadas polos puntos de revolta.

-Fixen algunhas pequenas modificacións no blogue este finde.

Feiras!

Outrora a1.0

-Funcionando os mercados das 16 cidades ó 100%

-Cada mercado ten un día de feira, no que os recursos repóñense.

prezos do mercado

Outrora a1.0

Engadida diferenza de prezos segundo a cantidade disponíbel nos mercados, agora os prezos dos recursos varían.

parcheando

Outrora a1.0

-Aserradoiro: niveis 1,2,3 funcionando.
-Canteira: niveis 1,2,3 funcionando.
-Forxa: niveis 1,2,3 funcionando.

 Produzóm nivel 1 --->  2 unidades mensuais
(mellorar a nivel 2 por 10 madeira e 20 de pedra)
Produzóm nivel 2 ---> 4 unidades mensuais
(mellorar a nivel 3 por 20 madeira e 40 de pedra)
Produzóm nivel 3 ---> 8 unidades mensuais

parcheando

Outrora a1.0

-Arranxado bug que facía duplicarse a producción se cambiaba-lo panel moi axiña cando algun edificio producía recursos .

-Mercados de Monforte, Ourense e Allariz funcionando.

-Recursos: engadidos armaduras, madeira e pedra. Total=8

-Retiradas indefinidamente do mapa as cidades de Ferrol e Noia por aspectos visuais.