OUTRORA

videoxogo ordenador / versión alpha 1.0

Século XV. Os nobres oprimen as clases máis baixas e a fame e as guerras polo poder son constantes.

En Galiza estala a Revolta Irmandiha, a máis importante do século en toda Europa, que deriva nunha guerra e o derribo de moitos castelos e fortificacións da nobreza por parte dos exércitos Irmandinhos.

Os nobres gañan a guerra e perseguen e asasinan ós líderes da Revolta.


Máis algúns deles conseguen sobrevivir e refuxiarse no monte. Crean un pequeno refuxo agochado e afastado de todo e de todos.

Pouco a pouco este asentamento vai medrando ata convertirse nunha vila de refuxiados e rebeldes. Esta vila chámase Outrora.

Anos despois, os Irmandinhos están listos pra contratacar.

Deberás dirixir os exércitos Irmandinhos na batalla, investigar melloras, comerciar, formar alianzas e sobre todo, repartir o ouro recuperado da nobreza. Como o repartas influirá no desenrolo do xogo.

O obxetivo e sobrevivir ós ataques dos diferentes reinos da época polo poder e levar á Revolta Irmandinha ata o máis alto.


INFO:

PC / windows (mac, linux: non se descartan)

1 xogador

Estratexía

Edición dixital para descarga (non se descarta Steam)

idioma: Galego (outras idiomas: non se descarta)

data: Xan 2020 (2019 en acceso anticipado)


Comezando

Pra min, a vida son etapas. Unhas boas, outras malas. Dunhas lémbraste máis, doutras nada, doutras nin te queres lembrar. E eu comezo esta etapa cheo de ledicia e felicidade, pra que os vou enganar.

O primeiro proxecto que decidín publicar chámase Outrora. ¿Porque este e non outro? Porque os  feitos da Revolta Irmandiña é un tema que interésame moito. E malia que o xogo ten pouco de veracidade histórica, é moi divertido e con unha mecánica sinxela.

Irei informando dos avances do xogo neste blogue. O motor do xogo xa funciona e agora estou centrándome en engadir contido. Imos!