Outrora


Século XV. Os nobres oprimen as clases máis baixas e a fame e as guerras polo poder son constantes.

En Galiza estala a Revolta Irmandiña, a máis importante do século en toda Europa, que deriva nunha guerra e o derribo de moitos castelos e fortificacións da nobreza por parte dos exércitos Irmandiños.

Os nobres gañan a guerra e perseguen e asasinan ós líderes da Revolta.


Máis algúns deles conseguen sobrevivir e refuxiarse no monte. Crean un pequeno refuxio agochado e afastado de todo e de todos.

Pouco a pouco este asentamento vai medrando ata converterse nunha vila de refuxiados e rebeldes. Esta vila chámase Outrora.

Anos despois, os Irmandiños están listos pra contraatacar.


INFO:

PC / windows (mac, linux: non se descartan)

1 xogador

Estratexia

Edición dixital para descarga (non se descarta Steam)

idioma: Galego (outras idiomas: non se descarta)

data: Xan 2020 (2019 en acceso anticipado)


Consulta o blogue para informarte de novas e actualizacións.